LICENCIADA EN DERECHO DATOS
October 2010 Archives
LICENCIADA EN DERECHO DATOS
A vocación desta candidatura será en todo momento a de velar pola defensa dos intereses xerais da avogacía lucense e defendelos ante todas as instancias, mantendo a independencia e liberdade de criterio para a toma das decisións que afectan ao noso Colexio. Por todo iso, a presente candidatura formúlase como obxectivos fundamentais os puntos seguintes, que consideramos pedras angulares da acción estratéxica de goberno deste Ilustre Colexio:
A.- EN RELACIÓN COA AVOGACÍA COMO PROFESIÓN:
- Promover a presenza da Avogacía na sociedade
- Creación dunha "Bolsa de Emprego" para colexiados, en especial de avogados que iniciana súa actividade profesional
- Elaborar novas Normas Orientativas de Honorarios
- Máximo esforzo na formación continua dos avogados con oferta de cursos gratuítos ou a un custo mínimo
- Subscrición dun "Protocolo de boas prácticas" cos órganos reitores da Administración de Xustiza para conseguir un compromiso común que evite disfuncións e atrasos na levanza dos procesos xudiciais.
- Creación dun sistema de "confirming" para o cobro anticipado dos honorarios da quenda de oficio.
- Maior colaboración e implicación cos Partidos Xudiciais
- Promoción da arbitraxe.
B.-EN RELACIÓN COA AVOGACÍA COMO INSTITUCIÓN:
- Maior difusión das actividades do Colexio, creando unha comisión de Proxección Social.
- Establecemento da Corte de Arbitraxe
- Modernización e mellora do Departamento de Biblioteca. Consulta do catálogo de obras dispoñibles vía internet
- Elaboración do Convenio cunha Universidade pública para facer efectivos os requirimentos da Lei de Acceso a profesión
- Contactos continuados con outros colexios profesionais, fundamentalmente con todos aqueles que se relacionan cos órganos xudiciais o desenrolar tarefas de peritos xudiciais
- Creación dunha canle de comunicación coa Xunta de Galicia, en especial con materias relacionadas coa Quenda de Oficio
C.- DISTRIBUCIÓN DO TRABALLO EN COMISIÓNS
I.- COMISIÓN DE FORMACIÓN INICIAL E CONTINUADA
II. COMISIÓN DE RELACIÓNS COA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
III. COMISIÓN DE ORDENACIÓN PROFESIONAL E COLEXIAL.
IV. COMISIÓN DE XUSTIZA GRATUÍTA
V. COMISIÓN DE RECURSOS E DEONTOLOXÍA.
VI. COMISIÓN DE PROXECCIÓN SOCIAL.
VII. COMISIÓN DE INFORMES E MINUTACIÓN.